Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Foi un grande amigo do millor Drácula de tódolos tempos: Bela Lugosi, actor que interpretou en tres das súas películas (a terceira foi rematada por un dobre) o papel protagonista. Buscou actores entre os seus amigos, outros lle eran asignados polas produtoras (cousa que el detestaba). A súa primeira moza interpretou tamén outros dous papeis nas súas dúas primeiras películas: Glen or Glenda e A noiva do monstruo (título que lle foi cambiado pola súa produtora, xa que el quería títula-la película A noiva do átomo). Tan só tiven a oportunidade de ve-la súa primeira película, Glen o Glenda, e pódovos dicir que é mala, pero non tanto como poidades imaxinar... Os curiosos fundidos de Bela cunha estampida, os lóstregos no meio do filme... Aconsévollos que vexades a película de Tim Burton protagonizada por Johnny Depp titulada Ed Wood, porque enteredes perfectamente como era a paixón do director, como realizaba as películas... Aprenderedes como é o amor ó cine. |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras